lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasBaixa a incidencia na Guarda e na Cañiza e aumenta en Nigrán

Baixa a incidencia na Guarda e na Cañiza e aumenta en Nigrán

Os municipios que continúan coa incidencia máis alta das comarcas son Mondariz-Balneario e As Neves.

Con respecto á xornada anterior, o mapa da COVID-19 das comarcas varía en tres concellos ao baixar a incidencia na Guarda e na Cañiza e ao aumentar en Nigrán. O primeiro deles sitúase agora na incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana; no municipio da parandanta son menos de 25 por 100.000 e é en Nigrán onde aumenta a presión do virus entre os seus veciños e veciñas achegándose á cifra  de 75 positivos por cada 100.000 habitantes en 7 días. Ningún supera os 9 casos diagnosticados e están fóra da zona considerada de risco polo SERGAS.

A incidencia máis alta atópase no concello das Neves e de Mondariz-Balneario no que a incidencia é de máis de 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana. Séguelle Soutomaior con máis de 75 casos por 100.000 habitantes. Precisamente, dende hoxe, rexen as medidas do nivel medio de resticións nas Neves e en Soutomaior polo que a hostalería dos municipios reduce os aforamentos: ao 30% no interior e ao 50% nas terrazas. 

Os demais concellos da bisbarra non presentan cambios con respeto á xornada anterior. Así, Oia, Baiona, Gondomar, Tui, Vigo, Pazos de Borbén, Ponteareas e Crecente manteñen a presión do virus con menos de 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana; en Tomiño e no Porriño son menos de 10 contaxios por 100.000 mentres que Redondela, Mos e Salvaterra de Miño superan esta cifra aínda que non acada os 25 por 100.000 habitantes nunha semana.

Salceda de Caselas, O Rosal, Fornelos de Montes, Arbo, O Covelo e Mondariz continúan libres de COVID-19 ao non contar con ningún novo contaxio entre a súa veciñanza nin en 7 nin en 14 días.

15 positivos menos que onte

Segundo a última actualización do SERGAS, A Área Sanitaria de Vigo conta con 15 positivos menos en COVID-19 con respecto á xornada anterior. Así, son 599 casos activos, situándase por detrás da da Coruña que ten 616. Son dúas persoas máis ingresadas por mor do virus na área con 29 en camas convencionais e 6 na UCI.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS