lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVal de MiñorErradicadao un vertido de augas residuais no río Groba, en Baiona

Erradicadao un vertido de augas residuais no río Groba, en Baiona

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais domésticas cara ao río da Groba na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona.

Este foco foi localizado nunha inspección rutineira levada a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, nunhas instalacións no lugar do Xuncal.

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nos aseos das instalacións, observando a deficiencia no sistema de impulsión das augas domésticas xeradas nos aseos das instalacións cara a rede de saneamento municipal.

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiriron ao titular das instalacións a adopción das medidas correctoras oportunas a fin de emendar ese aporte.

Augas de Galicia verificou nunha recente inspección o cese dos vertidos na zona, tras proceder o titular a reparación do equipo de control do bombeo, ademais de anular a tubaxe que tiña como destino o río.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS