martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaMostra artística sobre o Sáhara no Porriño

Mostra artística sobre o Sáhara no Porriño

Intervencións plásticas, cadros, esculturas, fotografía e audiovisual a partir deste sábado e ata o 24 de abril

A exposición sobre o Sáhara “Texturas dunha Guerra Invisible” aterra este mes de abri no centro cultural de Porriño.
A cargo da artista Galia Baba Chamah esta actividade é máis que unha mostra converténdose nunha xornada, a inaugural (mañá sábado, a partir das 20.00 horas), de arte e música en directo, coa actuación da pianista Ana Belén Rodríguez e a cantante Noelia Álvarez que interpretarán cancións como Aleluya de Leonard Cohen, Lela, Memory da banda sonora de Cats, Sahara da Banda Tongo xunto con Nadhira Mohamed Buhoy.
A exposición estará aberta ao publico ata o sábado 24, cando a modo de clausura da mesma se proxectará, ás 19.30 horas no auditorio, a película documental “Hamada”, de Eloy domínguez Serén, coa colaboración do Festival de Cans. Posteriormente haberá un coloquio con Galia, Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A inscrición para asistir ao evento estará aberta desde o 19 ao 22 de abril, para o cal é preciso enviar un correo electrónico co nome e apelidos de cada participante e un número de teléfono de contacto ao enderezo cultura@oporrino.org indicando no asunto “Inscrición proxección filme Hamada”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS