O Subcomité clínico vén de decidir que o concello das Neves e o de Soutomaior aumenten o nivel de restricións: a hostalería reduce aforamentos.
O Subcomité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia vén de decidir incluir ao concello das Neves e o de Soutomaior no nivel medio de restricións. Isto implica que a partir do viendeiro luns 12 de abril os locais da hostalería destes municipios reducen o aforamento ata o 30% da capacidade no interior e ao 50% nas terrazas. Nestes mesmo nivel continúan Gondomar e Baiona. Non hai máis cambios en canto a limitacións nas comarcas.
A mobilidade mantense en toda a comunidade agás nos municipios nos que rexen as medidas de máximas restricións, que son Carballeda de Valdeorras, a Pobra do Caramiñal e O Grove. O grupo de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en oito concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral.
Xunto cos concellos das comarcas que se sitúan no nivel medio de restricións (Baiona, Gondomar, Soutomaior e As Neves) atópanse tamén Rábade, Ribadumia, Vilaboa, Vilanova, Noia, Sanxenxo, Meis, Carballiño, Cortegada e Padrenda. Nos demais municipios de Galicia, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo: aforamento do 75% no exterior e do 50% no interior dos locais.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.