martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasO Rosal, Mondariz e Pazos de Borbén, libres de COVID-19

O Rosal, Mondariz e Pazos de Borbén, libres de COVID-19

O Rosal, Pazos de Borbén e Mondariz súmanse a Salceda de Caselas, ao Covelo e a Fornelos de Montes como municipios libres de COVID

Segundo a última actualización do SERGAS, o virus deixa de ter presenza entre a veciñanza do Rosal, de Mondariz e de Pazos de Borbén tanto nunha semana como en dúas. Deste xeito, son 6 municipios das comarcas os que están libres de COVID-19.En Oia, non hai casos positivos en 7 días. A incidencia baixa en Gondomar e no Porriño mentres que aumenta en Tui, Soutomaior e, especialmente, nas Neves e en Mondariz-Balneario.

As Neves aumenta, unha xornada máis, a incidencia en relación aos novos casos diagnosticados nunha semana entre os seus veciños e veciñas. Con non máis de 9 positivos, sitúase agora con máis de 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana. Este concello ten preto de 4.000 habitantes polo que, ao diagnosticar entre un e 9 casos, a incidencia dispárase. Con todo, Sanidade non diferencia agora entre os municipios con menos de 10.000 habitantes e os que contan cun maior número de poboación como si o facía en anteriores ocasións. De feito, en Pazos de Borbén, con 3.000, rexeron as medidas do nivel alto logo dun gromo familiar que aumentou a incidencia na localidade. Mondariz-Balneario atópase na mesma situación epidemiolóxica que As Neves. Os dous municipios do Condado presentan a maior presión do virus das comarcas.

A incidencia aumenta nos municipios de Tui e de Soutomaior. No primeiro deles, dun xeito livián, con máis de 10 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana e no segundo, con máis de 75 por 100.000 habitantes en 7 días. Ningún dos dous achegábanse a estas cifras na anterior actualización.

A boa nova é que a incidencia baixa en 6 municipios das comarcas. Gondomar non acada agora aos 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana ao rexistrar 3 positivos menos que onte. Cómpre lembrar que este concello do Val Miñor era un dos que presentaba a peor situación epidemiolóxica ao superar esta cifra na anterior actualización. No Baixo Miño, o virus deixou de circular en 7 días no municipio de Oia aínda que mantense casos positivos a 14 días. O Rosal, libre de COVID-19, ao igual que Mondariz no Condado e que Pazos de Borbén na Área Metropolitana. Na Louriña, baixa a incidencia no Porriño con menos de 25 positivos por cada 100.000 habitantes nunha semana.

Deste xeito, Salceda de Caselas, O Covelo, Fornelos de Montes, O Rosal, Mondariz e Pazos de Borbén son as seis localidades nas que o virus deixou de ciruclar tanto nunha semana como en dúas.

Os demais concellos da bisbarra manteñen a incidencia da COVID-19. Con menos de 75 contaxios por 100.000 habitantes sitúanse os municipios da Guarda, Baiona, Nigrán, Salvaterra de Miño e Vigo. Non se achegan a incidencia de 10 casos por 100.000, Ponteareas e Crecente e con menos de 25 por cada 100.000 habitatantes, Tomiño, A Cañiza, Mos e Redondela.

Falece un home de 95 anos por mor da COVID-19 na Área

O SERGAS vén de notificar o falecemento dun home de 95 anos por mor do virus no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O home presentaba patoloxías previas. Son xa 420 as persoas que perderon a vida a causa da COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo.

En canto aos casos activos, son 23 menos que onte e sitúanse en 600 os positivos. Nos hospitais da área, son tres pacientes menos ingresados con 30 en camas convencionais e 6 na UCI.

Gondomar e Baiona no nivel medio de restricións

Os municipios de Baiona e de Gondomar son os concellos nos que rexen as medidas do nivel medio de restricións, que implica que o aforamento da hostalería no interior é do 30% e no exterior ao 50%. Nas demais localidades das comarcarcas, a hostalería abre ao 75% nas terrazas e á metade da capacidade no interior. A mobilidade continúa sendo pleno en toda a Comunidade agás nos concellos de maximas restricións que son O Grove e a Pobra do Caramiñal.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS