Preocupante o ascenso de positivos da área sanitaria de Vigo con 25 positivos máis na última xornada. Con máis de 600 positivos achégase ás cifras da área sanitaria da Coruña, á cabeza desde fai meses.
Galicia sobe os seus casos activos, antes de que cheguen os efectos da Semana Santa. Ten arestora 2.233 casos diagnosticados, son 22 máis en 24 horas.
Por áreas sanitarias, A Coruña segue á cabeza pero a área viguesa ascende imparable:
A Coruña: 649 (-36)
Vigo: 623 (+25)
Pontevedra: 266 (+15)
Santiago: 320 (+17)
Lugo: 145 (+6)
Ferrol: 91 (-3)
Ourense: 139 (-2)
A situación nos hospitais galegos mellora, cae o número de hospitalizados ata datos semellantes aos do 3 de setembro. Hai 188 hospitalizados fronte aos 209 do día anterior. En planta hai 161 persoas (-15) e en UCI hai 27 persoas (-6).
As mortes non cesan. O Sergas notificou 3 máis subindo o número total de falecidos por COVID-19 a 2.360.