martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia seguirá pechada polo menos unha semana máis

Galicia seguirá pechada polo menos unha semana máis

O peche perimetral de Galicia continuará unha semana máis polo menos. O martes 13 de abril o comité clínico reunirase para valorar as consecuencias da Semana Santa e decidirá se é posible relaxar as medidas ou pola contra incluso se deben endurecer.

Este martes o comité clínico reúnese para reaxustar as restricións a nivel individual dos concellos galegos. Os que teñan subido a súa incidencia subirán de nivel e tamén de restricións. Será esta noite cando a Xunta as faga públicas. Con todo, será a finais desta semana ou a incios da vindeira cando se coñezan os datos resultantes do comportamento que tivemos os galegos e galegas durante os festivos da Semana Santa e con eles o comité clínico asesorará á Xunta continuar a desescalada en Galicia ou contela máis.

Na última xornada detectáronse 139 novos positivos.

Os casos activos subiron a 2.211 persoas diagnosticadas de covid-19 en Galicia, 37 máis, ao darse 98 altas.

 

Por áreas sanitarias, A Coruña segue á cabeza pero en descenso mentres Vigo sobe e achégase xa aos 600 positivos:

A Coruña: 685 (-10)

Vigo: 598 (+21)

Pontevedra: 251 (+5)

Santiago: 303 (+18)

Lugo: 139 (+6)

Ferrol: 94 (+2)

Ourense: 141 (-5)

Estabilidade nos hospitais

Os hospitais galegos teñen actualmente 209 ingresados de COVID-19. Deles 33 están en UCI (+1) e 176 en planta (-11). Os efectos das Semana Santa trasladaranse aos hospitais a partir de dúas semanas.

O reconto de persoas mortas a casusa do coronavirus en Galicia elévase xa a 2.357, tras notificar o Sergas cinco mortes máis na última xornada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS