martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasA incidencia baixa en Baiona, Gondomar, Redondela e Ponteareas

A incidencia baixa en Baiona, Gondomar, Redondela e Ponteareas

Gondomar, Salvaterra de Miño e Mos son os concellos coa maior incidencia das comarcas, segundo a última actualización do SERGAS

A Área Sanitaria de Vigo segue experimentando variacións en canto aos niveis de incidencia nos seus concellos. Na actualización de onte do SERGAS, Gondomar era o municipio que presentaba a maior incidencia da bisbarra con máis de 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana. Agora, este concello do Val Miñor xunto con Salvaterra de Miño e Mos superan os 75 casos por cada 100.000, pero sen achegarse a eses 125.

Descende a incidencia tamén en Baiona, que se equipara á maioría dos concellos da bisbarra ao contar con menos de 75 contaxios por cada 100.000 habitantes xunto con A Guarda, Oia, Nigrán, Vigo, A Cañiza, Crecente e O Porriño. No municipio, son menos de 9 veciños e veciñas os que deron positivo en COVID-19 nunha semana aínda que a presión do virus continúa sendo alta a 14 días con 28 casos. Cómpre lembrar que, na anterior actualiación do SERGAS, Sanidade situaba a este municipio preto dos 125 positivos por cada 100.000 habitantes.

Ponteareas e Redondela comparten agora incidencia con Tomiño e Tui ao superar os 10 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana. Por debaixo desta cifra, atópanse os concellos do Rosal, Soutomaior, Pazos de Borbén, Mondariz e Arbo posto que o virus deixou de circular durante 7 días entre os seus veciños e veciñas. Con todo, teñen casos activos a 14 días polo que non é posible incluilos na listaxe dos concellos libres do virus como si o están Salceda de Caselas, As Neves, O Covelo, Mondariz-Balneario e Fornelos de Montes. 

Menos casos activos

Segundo Sanidade, son 16 positivos menos activos en COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo. Deste xeito, son 605 en total. En canto á presión hospitalaria, son tres pacientes menos ingresados por mor do virus con 44 en camas convencionais e 7 en UCI.

A área é unha das cinco na que os casos activos baixan xunto coa de Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS