Sobre as 14:00 horas, o 112 Galicia recibe un aviso dun lume na fábrica de Bacalao Outón , en Cumiar, Ponteareas.
ACTUALIZACIÓN DAS 18:50 HORAS
O lume que se iniciou na empresa Bacalao Outón na parroquia de Cumiar, en Ponteareas, sobre as 14:00 horas, xa está controlado, segundo apuntan fontes do 112 Galicia. Os avisos chegaron á central por parte de varios particulares da zona que alertaron do incendio. Afectou tanto a primeira planta como a segunda.
Ata alí, desprazáronse os GES do Morrazo, GES de Pontevedra, GES de Vigo, GES Baixo Miño e O Porriño, GES de Ponteareas xunto coa Agrupación Municipal Protección Civil Oitavén-Tea, emerxencias sanitarias, aínda que non hai que lamentar danos persoais, Garda Civil e Policía Local.
A empresa, de orixe familiar, dedícase á comercialización de bacallau na Península Ibérica.