AENA aprobou este luns que a Xunta realice test de antíxenos para detectar positivos de COVID-19 nos aeroportos de Vigo e Santiago, logo de que os autorizase no aeroporto da Coruña a semana pasada.
Aena cedo o espazo necesario para que Galicia os efectúe nos aeroportos. É un engadido a autorización dada a semana pasada xa para Alvedro.
Segundo a empresa encargada de xestionar os aeroportos españois, a petición da Xunta para Santiago e Vigo non foi remitida ata o xonves 25 de marzo, cando xa fora aprobado o convenio relativo a Alvedro. Para darlle axilidade á petición, aprobouse este luns.