domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA COVID-19 repunta en Galicia no inicio da Semana Santa

A COVID-19 repunta en Galicia no inicio da Semana Santa

Soben as hospitalizacións e tamén os casos activos no arranque da Semana Santa galega. O comité clínico reunirase este martes pola mañá e Sanidade anunciará cambios nas restricións ao mediodía.

Galicia levaba cinco días de descenso pero a primeira fin de semana deste periodo festivo cambiou a boa tendencia. Os casos activos repuntaron a 2.327 casism 18 máis que o día anteriore. Subiron nas áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra, Santiago e Lugo.

Tamén subiron os positivos diarios detectados, na última xornada diagnosticáronse 133 novos positivos de coronavirus.

Por áreas sanitarias, a coruñesa segue á cabeza, aínda que a viguesa subiu na última semana notablemente.

A Coruña: 847 (-20)

Vigo: 574 (+14)

Pontevedra: 217 (+8)

Santiago: 248 (+15)

Lugo: 175 (+13)

Ferrol: 139 (-7)

Ourense: 127 (-5)

Nos hospitais galegos hai 206 persoas con coronavirus (+6): 179 en planta (+5) e 27 nas UCI (+1). As cifras son similares ás de comezos de setembro do ano pasado, cando estabamos na segunda onda.

Galicia acumula 2.334 persoas mortas por COVID-19 desde o inicio da pandemia, dúas notificadas na última xornada polo Sergas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS