martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcas"Hai pacientes en Soutomaior que nin sequera poden acceder ás receitas"

«Hai pacientes en Soutomaior que nin sequera poden acceder ás receitas»

O voceiro do BNG en Soutomaior e deputado, Manu Lourenzo, explica a situación das citas médicas no municipio: «Hai que agardar 15 días»

«En Soutomaior hai persoas que nin sequera poden acceder ás receitas médicas que precisan para o seu día a día». Así critica o voceiro do BNG no municipio e deputado en Galicia, Manu Lourenzo, a situación da sanidade no concello. «isto está pasando en pleno Século XXI», insiste Lourenzo quen suliña a importancia de que o SERGAS amplíe o cadro de persoal.

Neste sentido di Lourenzo que «benvido sexa ese novo centro de saúde que vén de comprometer Sanidade, pero se non se amplía o número de médicos o problema seguirá igual». Son 3 médicos para máis de 7.000 habitantes, unha ratio moi por encima, segundo di o voceiro nacionalista , do que recomendan as autoridades sanitarias.

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexisrar no parlamento unha nova iniciativa para dotar a Soutomario de máis persoal médico

Podes escoitar a entrevista completa, aquí:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS