martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasDiminúe a incidencia da COVID-19 no Baixo Miño

Diminúe a incidencia da COVID-19 no Baixo Miño

Baixa a presión do virus entre a veciñanza de Tomiño, A Guarda e O Rosal e mantense en Oia e en Tui, segundo a última actualización do SERGAS.

Deste xeito,diminúe a incidencia da COVID-19 nos concellos da Guarda e do Rosal pois agora non superan os 25 casos por cada 100.000 habitantes e na xornada anterior achegábanse aos 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Tamén baixa en Tomiño, que é  o municipio coa mellor situación epidemiolóxica do Baixo Miño ao contar con menos de 10 positivos entre a súa veciñanza por cada 100.000 habitantes. É esta a incidencia máis baixa que contempla o SERGAS. Oia manten a presión do virus, con respeto á xornada anterior,  posto que rexistra entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes con non máis de nove positivos nunha semana como tamén a mentén Tui, sen contaxios nunha semana e con menos de nove en 14 días.

No Val Miñor, é Baiona o municipio que aumenta os contaxios con dous máis que onte segundo Sanidade. Son arestora 19 positivos. A súa situación epidemiolóxica é a peor da bisbarra xunto con Pazos de Borbén ao rexistrar unha incidencia superior aos 125 casos por cada 100.000 habitantes. Gondomar atopábase, na xornada anterior, con máis de 75 contaxios por 100.000 habitantes e nesta última actualización non os acada. Nigrán mantense nesta mesma incidencia.

Aumenta lixeiramente a presión do virus en Mos ata máis de 10 casos por cada 100. 000 habitantes logo de que na xornada anterior conseguera rebaixalos. Con todo, é unha das incidencias máis baixas que contempla o SERGAS. É a mesma doutro concello da Louriña, O Porriño. Salceda de Caselas é o concello desta comarca cos mellores datos da COVID-19: o virus non circula entre a súa veciñanza nin en 7 nin en 14 días.

Polo demais, a maioría dos municipios da bisbarra rexistran unha incidencia entre os 25 e os 75 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana: Vigo, Redondela, A Cañiza, Crecente, Arbo , As Neves e Soutomaior, que aumenta os contaxios aínda que non ten máis de nove en 7 días. Salvaterra de Miño ten menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes e cunha mellor situación epidemiolóxica atópanse os concellos de Ponteareas, Fornelos e Tui. Estes dous últimos sen contaxios nunha semana aínda que si en dúas.

Si están libres do virus Salceda de Caselas, Mondariz-Balneario e O Covelo.

Lixeiros cambios na Área

Son dous casos positivos activos menos que onte ata os 515 na Área Sanitaria de Vigo. En canto á presión hospitalaria, son 44 persoas en camas convencionais, unha menos que onte, e 7 pacientes na UCI, un menos que na xornada anterior, segundo a última actualización de Sanidade, que non reporta ningún falecemento por mor da COVID-19 na área.

A Área Sanitaria de Vigo é unha das 7 de Galicia que descende o número de positivos activos xunto coa de Ourense, Lugo, Ferrol e da Coruña.

 

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS