martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui reformará a Veiga do Louro con pasos elevados e zonas de...

Tui reformará a Veiga do Louro con pasos elevados e zonas de sombra e descanso

O Concello de Tui realizará obras na Veiga do Louro para transformar os seus 1,5 quilómetros nunha ruta peonil e ciclistas atractiva.

Os traballos, que xa foron adxudicados por un importe de 117.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación, comezarán nos próximos días e abranguerán desde a Ponte Romana ata a rotonda de entrada á estrada da depuradora, na PO-4040. Sitúase nunha zona moi transitada e que da acceso tanto a senda Tui-Caldelas coma á praia de Areeiros en Guillarei.

O proxecto a executar consiste no acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista no marxe esquerdo da rúa Loureiro co obxectivo de acondicionar e mellorar a ruta existente. Por unha banda contémplase a substitución do actual bordillo de separación entre a calzada e a zona peonil e ciclista por un elemento continúo e sen arestas vivas. Deste xeito mellorarase a seguridade.

Por outra banda, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, os pasos de peóns existentes serán substituídos por outros elevados e con iluminación intelixente para facilitar a súa percepción polos vehículos. Amais crearase un novo que facilitará o tránsito cara á praia de Areeiros. Tamén serán colocados redutores de velocidade.

Outra das actuacións previstas é o incremento da superficie dos alcorques situados nos extremos das zonas de descanso, onde ademais se plantará hedra para aportar sombra. Crearase un banco de formigón corrido con superficie de ladrillo cerámico de cor vermello. A zona delimitarase cunha pérgola metálica con iluminación led empotrada nos perfís superiores, para lograr así a iluminación indirecta do lugar.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS