O goberno galego asegura que o pediu fai semanas pero o Estado rexeita autorizalo ao considerar que excede as competencias autonómicas. O Ministerio delega a decisión a AENA pero o seu consello só se reúne unha vez ao mes.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:
Esta Semana Santa as galegas e galegos non poderemos saír de Galicia pero ao nosa autonomía si poderán chegar turistas doutros países, unha situación que xerou críticas.
O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, explicou en rolda de prensa que os turistas estranxeiros van poder chegar a España polos acordos da Unión Europea, ao non estar suspendida a libre circulación de persoas, aínda que si se estableceron medidas para garantir a saúde pública que deben respectar os turistas.
A Consellería de Sanidade pide poder realizar cribados nos aeroportos e estacións de tren de Galicia para previr contaxios coa chegada de visitantes ao país. O Estado tramita a solicitude de Galicia con AENA pero mentres desautorízaos ao exceder as competencias autonómiacas.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, anima ao goberno galego a tomar exemplo de Canarias e Baleares que intensifican os controis nos aeroportos, revisando a documentación esixida para viaxar aos pasaxeiros estranxeiros. Ademais Baleares incrementou o persoal aeroportuario para intensificar os controis.
A Comunidad de Madrid, Cataluña e Baleares piden un control estrito das fronteiras.