Os hostaleiros de Baiona ven «inxusto» que só poidan abrir ao 50% nas terrazas «cando polos contaxios que temos no concello poderiamos abrir tamén ao 30% dentro»
Pedo Villamarín, hostalerio do municipio de Baiona, explica para os informativos locais e comarcais de Si Radio, que «é inxusto que non podeamos abrir tamén ao 30 por cento no interior cando estamos nun nivel medio de contaxios». Segundo a última actualización do SERGAS, o concello é un dos dous das comarcas coa peos situación epidemiolóxica ao contar con 17 novos positivos nunha semana e cunha incidencia superior aos 125 casos por cada 100.000 habitantes, aínda que inferior á considerada de risco por Sanidade, 250. Quixo suliñar que «é máis seguro xuntarse nun local da hostalería que nun autobús cheo de xente».
Onte, o conselleiro de Sanidade , Julio García Comesaña, sinalou que é «unha medida preventiva» e explicou que o carácter turístico de Baiona foi, principalmente, a causa do aumento de novos contaxios entre a súa veciñanza. Desde esta media noite, a hostalería do conello só pode abriri ao 50% e só nas terrazas ao entrar no nivel alto de restricións. Con todo, mantén a «plena mobilidade» agás alí onde rexen as medidas máis restritivas, en Beade e Maside.
Así, Villamarín explica que «xa sabiamos que Baiona é turístico, pero na hostalería cumprimos coas normas». Lembra que o repunte en contaxios que sufriu o concello logo do Nadal «debeuse precismente ás xuntanzas e non á hostalería». Insiste en que «é máis seguro xuntarse nun local que ir no tren ou no autobús». Os hostaleiros e as hostaleiras de Baiona reclaman explicacións a Sanidade.
Di Villamarín que «para a semana santa moitos locais sacaron do ERTE os seus empregados e abastacéronse… e agora a ver que pasa. Quen paga estes cambios son as persoas que levan tres meses sen cobrar un duro».
Podes escoitar a conversa completa con Pedro Villamarín, que rexenta O Recuncho Mariñeiro en Baiona, aquí: