martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsA RaiaViaxe á inauguración da Ponte Internacional de Tui, fai 135 anos

Viaxe á inauguración da Ponte Internacional de Tui, fai 135 anos

O viaducto máis senlleiro de Tui celebra o seu 135 aniversario pechado para deter o avance da pandemia.

Tal día como hoxe, fai 135 anos, Tui e Valença vivían unha xornada histórica coa inauguración da primeira ponte que uniría ambas cidades: a vella Ponte Internacional, unha estrutura de ferro á que o seu deseñador, Pelayo Macebo, rexeitou darlle o aspecto de fortificación que presentaban por aquel entón obras análogas. O motivo: “porque entendo que, artisticamente, non se deben sinalar fronteiras entre pobos irmáns, como son España e Portugal”, xustificu Mancebo.

Así pois, a historia de confraternidade entre Tui e Valença comezou a escribirse o día da inauguración da ponte, o 25 de marzo de 1886. O acto comezou logo das nove da mañá e tras o encontro das locomotoras Valença e Alfonso XII na metade da ponte e o conseguinte saúdo das autoridades, as bandas de música militares de ambos países interpretaron os himnos nacionais de España e Portugal. Na beira tudense a festa continuou pola tarde con varios concertos no Paseo da Corredoira e no Teatro Principal.

Segundo as crónicas da época, o evento reuniu preto de 20.000 persoas, unha cifra impensable no seu 135 aniversario, que está marcado pola pandemia da Covid-19 e o peche da fronteira. Pero, o coronavirus non é o único virus que condicionou a historia desta ponte. En outubro de 1884, rematada a obras, as probas de resistencia sufriron unha demora polo brote de cólera que houbo en España, o que levou a Portugal a decretar o peche da fronteira. 

Neste novo peche de fronteiras que sofren España e Portugal dese fai case dous meses, tudenses e valencianos están desexando volver a cruzar pola Ponte Internacional, que hoxe celebra o seu 135 aniversario sen convidados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS