Unha vez autorizado de novo o uso de Astrazeneca para vacinar contra a COVID-19, Galicia retomará este mércores a súa administración onde a deixou, en menores de 55 anos pero, segundo vaian chegando novas doses dafarmacéutica británica, vai comezar citar tamén aos menores de 65 anos.
Galicia retoma este mércores a vacinación con Astrazeneca onde a deixou, nos menores de 55 anos citados xa. Con todo unha vez que cheguen ao país máis doses da farmacéutica británica irase citando desde os 65 anos de idade cara abaixo.
Os menores de 55 anos citados agora en Galicia son os de colectivos específicos, ao igual que no resto de España: osgrupos 3 B (persoal implicado na xestión e resposta da pandemia), 3 C (resto de persoal sanitario e sociosanitario non vacinado con anterioridade) e 6 (Garda Civil, Policía Nacional e Autonómica, Local, Bombeiros, etc).
Progresivamente e segundo se vaia dispoñendo de máis vacinas de Astrazeneca, irase incorporando a menores de 65 anos. «Ao ritmo que marque a chegada de viais» explican desde o Sergas. Segundo informou a Consellería de Sanidade, o número de vacinas de AstraZeneca que chegaron a Galicia esta semana foi o 57% do previsto, en total algo máis de 12.000.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este luns, por videoconferencia,na nova reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Sanidade onde se confirmou a volta de Astrazeneca para avanzar na inmunización contra o coronavirus en España.