Varios petróglifos foron descubertos no monte comunal da parroquia de Budiño.
A Comunidade de Montes de Santo Estevo de Budiño descubriu, a pasada fin de semana nunha parcela de monte comunal, uns petróglidos inéditos. A alcaldesa Loli Castiñeira visitou xunto con membros da Comunidade a zona, próxima ao campo de fútbol.
Trátase, segundo confirman fontes municipais, “dun achado histórico, xa que ata o momento non se coñecían gravados deste tipo no noso Concello”.
Os xacementos compóñense dunhas marcas, denominadas cazoletas ou coviñas, e xa foron analizados por un arqueólogo e comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a súa catalogación