domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasSoutomaior continúa no nivel alto de restricións

Soutomaior continúa no nivel alto de restricións

O Comité Clínico, que asesora á Xunta de Galicia na pandemia, vén de acordar na reunión de onte que o Concello de Soutomaior continúe no nivel alto de restricións

Isto quere dicir que os veciños e as veciñas do municipio aínda non poden desprazarse aos demais concellos das comarcas pois a súa situación epidemiolóxica é peor. Así, poderán ir ata outras localidades co mesmo nivel a partir deste venres: A Mezquita e Boborás en Ourense e Arteixo e Neda na Coruña. Non muda, polo tanto, a situación do sector da hostalería en Soutomaior con só o 50% do aforamento e só nas terrazas dos locais. 

Nos demais concellos das comarcas, non hai cambios xa que a situación epidemiolóxica mantense estable, segundo as últimas actualizacións de Sanidade. Así que, o Comité Clínico decidiu na reunión de onte que se manteñan no nivel de restricións máis baixo, o medio. Neste nivel os hostaleiros e as hostaleiras poden atender tanto no interior como no exterior do local, con aforamentos de 30% e 50% respectivamente, e a mobilidade é máis flexible que no caso de Souotmaior. A vaciñanza do Condado, Paradanta, Val Miñor, Louriña, Baixo Miño e da Área Metropolitana poden desprazarse entre estes municpios, sen perímetro individual.

A partir das 13:30 horas, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ofrecerá unha conferencia de prensa na que dará conta de máis decisións do Comité como a posible flexibilización do horario de apertura, que ata agora é ata as 18:00 horas, da hostalería na comunidade.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS