O Concello de Soutomaior sae do nivel alto de restricións, segundo vén de explicar o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo
Finalmente, Soutomaior sitúase no nivel medio de restricións dende a media noite do xoves para o venres, segundo vén de dicir o presidiente galego na conferencia de prensa na na que deu conta das decisións do Comité Clínico. Cambio, así, no municipio pois da reunión de onte dos expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia saiu que o concello debería seguir no nivel alto de restricións. Non será así a partir da media noite deste 18 de marzo. O cambio de nivel implica que muda as condicións do sector da hostalería no municipio: os locais poderán abrir ao 30 % no interior e ao 50 % no exterior.
A hostalería das comarcas do Condado, da Paradanta, do Baixo Miño, Val Miñor, da Louriña, da Área Metropolitana de Vigo poden atender cun maior aforamento. Ao 50% no interior dos locais e ao 75% nas terrazas. Sitúanse así todos os concellos da bisbarra, agás Soutomaior, no nivel máis baixo de restricións. Un nivel que vén de implantar Sanidade segundo a situación epidemiolóxica de Galicia. A hora de peche amplíase en toda a comunidade ata ás 21:00 horas.
Plena mobilidade
«Plena mobilidade e sen límites , con excepción dos concellos coas máximas resticións, que son Maside, Vilardebós e Paradela». Así o dixo o presdiente galego, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa. É dicir, plena mobilidade entre todos os concellos de Galicia, agás nos que rexen as medidas máis restritivas. Mobilidade, por tanto, entre áreas sanitarias salvo nestas tres localidades das que non se pode nin entrar nin sair de non ser por razóns médicas, laborais ou educativas.
As medidas entran en vigor na media noite deste xoves para o venres.