sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta agarda retomar pronto a vacinación con Astrazeneca

A Xunta agarda retomar pronto a vacinación con Astrazeneca

Galicia, por decisión do Ministerio de Sanidade, detén a vacinación con Astrazeneca ata que a Axencia Europea do Medicamento conclúa se este fármaco é a causa das tromboses rexistradas na UE. Feijóo espera que se retome a vacinación con Astrazeneca «máis pronto que tarde».

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

España suspendeu «por prudencia» durante 15 días a vacinación con AstraZeneca á espera de que a Axencia Europea do Medicamento conclúa se é a causa dunha trintena de casos de trombose na UE, algúns descoñecidos ata agora, dos cales un rexistrou en España.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera «unha mágoa» este parón na boa marcha de vacinación que levaba Galicia, que continuará vacinando a poboación de máis de 80 anos con vacinas das outras dúas farmacéuticas. Con todo pide «tranquilidade» e asegura que se fará un seguemento de cada galego e galega que recibiu unha vacina de Astrazeca.

O Ministerio de Sanidade optou por paralizar a vacinación durante as dúas próximas semanas ata que o Comité de Avaliación de Riscos en Farmacovixilancia (PRAC) da Axencia Europea do Medicamento analice estes casos en profundidade.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS