A previsión da Xunta é que para a ponte do San Xosé os bares e cafeterías poidan abrir ata as oito da tarde e os restaurantes ata as nove e media
Alfonso Rueda:
O vicepresidente de Xunta, Alfonso Rueda, adianta que, de seguir sendo favorable a situación epidemiolóxica en Galicia como até agora, esta semana a hostalería poderá ampliar o seu horario de apertura e tamén o aforamento dos establecementos.
Será tras a reunión do comité clínico galego de este martes, cando a Xunta decida finalmente ampliar ou non o horario da hostalería, actualmente limitado ás 18.00 horas.
Con todo a apertura sería ata as 20.00 horas para bares e cafeterías e ata as 21.30 horas, para os restaurantes. Lonxe da aspiración do sector hostaleiro que pide ampliar o toque de recollida até as 23.00 horas e tamén ata esa hora o seu horario de peche.
Ata despois de Semana Santa, a Xunta non se plantexa retrasar o toque de recollida, establecido actualmente nas 22.00 horas.