Trátase dunha canle de televisión escolar municipal por Internet no Porriño, posta en marcha como un proxecto colectivo de innovación educativa
Lourdes Moure:
A Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) anunciaron a posta en marcha, a partir deste mes de marzo, de “LOURIÑA TV ESCOLAR”. A concelleira Lourdes Moure explicou que “esta canle en liña pretende ser un proxecto colectivo de innovación educativa, no que poidan estar implicados tódolos centros de ensino do Concello ao elaborar os seus propios programas de televisión”.
Moure enmarcou esta iniciativa, que definiu como «unha actividade súper innovadora», na «vocación do departamento que dirixo para seguir progresando no camiño que iniciamos coa consecución do título de Cidade Amiga da Infancia, coa celebración anual dos plenos infantís e dos numerosos programas de actividades que mantemos en colexios e institutos», engadiu.
O desenvolvemento do proxecto reálizase en colaboración coa entidade Atelier Social, dende a cal explican, Rubén Varela e Pedro Iglesias, que «o lanzamento desta canle virá acompañado dun obradoiro de formación audiovisual e de xornalismo para o alumnado participante, cos recursos e coñecementos suficientes para que os propios rapaces e rapazas sexan quen de realizar as distintas pezas audiovisuais».
Pedro Iglesias:
“A primeira fase do proxecto realizarase de xeito experimental dende este mes e ata final de curso, con cada un dos centros participantes elaborando un programa piloto. A segunda fase arrancará ao comezo do curso que vén, cunha programación semanal estable», subliñou Pedro Iglesias.