domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoFerido grave un ciclista tras sufrir unha caída no monte da Picaraña

Ferido grave un ciclista tras sufrir unha caída no monte da Picaraña

O 112 mobiliou un helicóptero, pero finalmente o ferido, un varón de mediana idade, foi traslado ao hospital, inconsciente, en ambulancia.

Un ciclista tivo que ser trasladado hoxe ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado grave logo de sufrir unha caída no monte da Picaraña, en Ponteareas, na zona do merendeiro.

O accidente tivo lugar ao mediodía por motivos que se descoñecen. Foi un particular quen avisou ao 112 Galicia, que solicitou asistencia sanitaria para o ciclista, un varón de mediana idade que se atopaba inconsciente.

Ata o lugar desprazouse de contado unha ambulancia cun equipo médico do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao igual que os axentes da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Ponteareas. Ademais, tamén foi requirido un helicóptero, que aínda que sobrevoou a zona, non chegou a aterrar ao recomendar os servizos médicos o traslado do ferido en ambulancia.

O ciclista, estaba inconsciente e tiña varias contusións. Nun recoñecemento médico inicial, os sanitarios apuntaron a que podería sufrir danos medulares.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS