Sucedeu este mediodía á altura da rúa Leandro Diz, sobre o paso subterráneo que divide o centro da vila co paseo do río Louro.
Ás 12.05 horas deste venres un tren de mercadorías que pasaba á altura da vila do Porriño viu interrompido a súa traxectoria logo de levar por diante a unha persoa que, por causas descoñecidas, se atopaba nas vías, nun lugar non apto para o paso.
As primeiras informacións sinalan a un varón duns 70 anos de idade, aínda se identificar.
A vía férrea permanece pechada á espera da chegada da forense para o levantamento do cadáver.
Ao lugar do sinistro acudiron Bombeiros do parque comarcal do Baixo Miño, persoal do centro de saúde do Porriño, efectivos da Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil que é quen leva a investigación do caso.
O suceso tivo lugar á altura da rúa Leandro Diz, moi preto de onde hai habilitado dende hai anos un paso subterráneo peonil que serve para cruzar a vía e ir do casco urbano ao chamado camiño da ruta do colesterol.