viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísGalicia valora ampliar os horarios da hostalería a semana próxima

Galicia valora ampliar os horarios da hostalería a semana próxima

A Xunta agardará a semana vindeira para decidir se aumenta o «respiro» da hostalería galega a vindeira semana. Tomará a decisión de ampliar os horarios e diminuír as súas restricións segundo os datos epidemiolóxicos dos próximos días.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

A intención tena o Goberno galego pero a decisión non está tomada. Descartarase unha ampliación dos horarios dos establecementos hostaleiros se a situación epidemiolóxica actual comeza a empeorar de aquí a próxima semana. Ante todo Sanidade non vai arriscar a volver agravar a situación nos hospitais e a incrementar significativamente os contaxios.

Será unha decisión «prudente» e «responsable» para non dar pasos atrás. Tomarase a partir do vindeiro martes, tras a próxima reunión do comité de expertos que asesora a Xunta na pandemia. Con todo Feijóo ve posible ampliar para a ponte de San Xosé a ocupación da hostalería e horarios se se manteñen os datos actuais.

A posible ampliación de horarios xa a anunciara a mediados desta semana o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña: «Non é descartable que a semana que vén fagamos un axuste deses horarios recuperando o que tiñamos do mes de xaneiro»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS