O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avoga por continuar con normalidade suministrando a vacina de Astrazeneca en Galicia, seguindo as recomendacións das axencias do medicamento, europea e española.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:
De feito, Galicia xa suministrou o lote de AstraZeneca retirado noutros países por supostos episodios trombóticos en pacientes que se vacinaron con este fármaco, , que se por se tivesen relación. Por agora nin a Axencia Europea do Medicamento nin a española recomendan detelo.
«Galicia recibiu o lote -que está a ser investigado- e estase acoutando quen recibiu as doses», pero, coa indicación dada polos reguladores da calidade, seguridade e eficacia dos fármacos, a idea é continuar actuando con normalidade.
«Seguiremos vacinando», garantiu García Comesaña, e de feito este sábado está previsto que 19.000 cidadáns máis se convertan en beneficiarios. «Creo que non son dese lote» as vacinas de AstraZeneca que se van a poñer, dixo Comesaña na comparecencia a preguntas dos xornalistas.
Pola súa parte, Asturias, Andalucía ou Castela e León inmbilizaron lotes desta vacina asociados aos casos sospeitosos de trombos que se están investigando.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, defende tamén a continuidade mentres non hai datos concluíntes.