Son dous dos nove condecorados polo Ministerio do Interior, entre os que tamén se atopa un Garda Civil de Vigo que lle salvou a vida a un cativo.
Os axentes da Guarda Civil do posto de A Guarda Benoit Benavides e José Manuel García recibiron hoxe, da man do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a Medalla ao Mérito da Protección Civil pola súa labor de auxilio a unha muller embarazada.
Benavides e García axudaron a dar a luz á muller, que se puxo de parto no seu vehículo en Tomiño na madrugada do un de agosto do ano pasado, sen tempo para chegar ao hospital.
Son dous dos nove condecorados hoxe con este recoñecemento que concede o Ministerio do Interior a membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, Policías Locales e voluntarios das distintas agrupacións de Protección Civil de Galicia. O acto tivo lugar no Concello de A Coruña e nel Losada destacou que todos os homenxeados son exemplo de “servidor público” e “heroísmo, solidariedade, colaboración e cooperación”.
Os nove recibiron a Medalla ao Mérito da Protección Civil na categoría de bronce con distintivo azul.
Outros condecorados
Ademais de Benoit Benavides e José Manuel García, tamén recibiron esta condecoración Begoña del Río, Policía Local de Santiago de Compostela, pola súa “contribución a facer do Camiño de Santiago e do Xacobeo unha celebración máis grande”; María Jesús Antunes, Policía Local de Vigo que conseguiu salvar a vida a un bebé de 15 días en estado cianótico cando se atopaba fora de servicio; Daniel Sobrino, Garda Civil do Seprona de Ortigueira, pola súa ampla traxectoria en defensa da natureza; Guilleromo Luis Díaz; subteniente xefe da Garda Civil de Ourense, polas acción levadas a cabo para previr o avance da pandemia; Javier Teijeiro, comandante do Posto de Seguridade Cidadá de A Pastoriza, polo auxilio a un ancián que vivía só durante o confinamento; Jesús Fernández, Policía Nacional da Área de Informática e Comunicacións de Lugo, pola loita contra ETA; e Ramón Pérez, coordinador da Agrupación de Voluntarios de Protección civil de Muxía, pola súa labor de impulso do voluntarismo en Galicia.