lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoUnha condutora sextuplica a taxa de alcol nas Neves

Unha condutora sextuplica a taxa de alcol nas Neves

A Garda Civil de Tráfico intercepta a unha veciña de Salvaterra de Miño, de 46 anos, que circulaba polo municipio das Neves cunha taxa de alcoholemia seis veces maior ao límite máximo permitido.

Ocorreu o sábado no punto quilométrico 9,200 da PO-400, despois de que un usuario da vía alertase a unha patrulla do Subsector de Tráfico de Pontevedra de que un vehículo «circulaba de forma errática».

Os axentes lograron que a muller detivera o coche e fixéronlle aproba de alcol en sangue a través de aire respirado, na que arroxou un resultado positivo de 1,44 miligramos por litro de aire expirado.

Consecuentemente, os axentes instruiron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria que serán remitidas ao Xulgado de Instrución Número 2 de Ponteareas.

En caso de que se considere culpable, podería enfrontarse a unha pena de prisión de tres a seis meses, multa de seis a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días. En calquera dos casos, privaríaselle do dereito a conducir entre un e catro anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS