Varios dos conductores deron positivo nos controis de alcoholemia e drogas e incumprían as medidas sanitarias da COVID.
A Guarda Civil frustrou na tarde do pasado domingo unha quedada de condutores de vehículos a motor na estrada EP-3202, en Santa María de Oia. Os axentes do Destacamento de Tráfico do Porriño tiveron coñecemento do encontro a través de denuncias veciñais y das redes sociais, citados nas inmediación da casa forestal de A Valga. A maioría eran mozos, afeccionados ao mundo do motor, procedentes de localidades do Baixo Miño e do Val Miñor.
No momento da actuación, os axentes sorprenderon ao condutor dun turismo, un mozo de 27 anos de A Guarda, realizando unha condución temeraria, consistente na realización de derrapes a unha velocidade notoriamente superior á permitida, mentres que o resto de persoas concentradas na zona observaban os feitos. Este guardés, ao ser sometido á proba de alcohol e drogas arroxou un resultado positivo, pendente da confirmación por laboratorio.
Outro condutor, un mozo de 19 anos de O Rosal, tamén foi localizado instantes despois por outra patrulla mentres trazaba unha curva a alta velocidade invadindo o sentido contrario á circulación.
A Gardia Civil realizou varios controis simultáneos de verificación de persoas e vehículos. Neles, os axentes detectaron dúas infraccións por alcoholemia positiva, outras dúas por presencia de drogas no organismo e diversos incumprimentos das medidas sanitarias da COVID.