lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísOs hospitalizados por COVID-19 soben en Galicia

Os hospitalizados por COVID-19 soben en Galicia

Non nos relaxemos. Unha semana despois de comezar a desescalada, Galicia aumenta o seu número de ingresados nos hospitais por COVID-19.  Hai en total 398 persoas hospitalizadas, 319 en planta (17 máis que o día anterior) e 79 nas UCI (unha menos que o domingo).

Galicia ten actualmente 3.514 casos activos de coronavirus polo que continúa o descenso nesta terceira vaga. Segundo os últimos datos do Sergas, con 162 positivos menos ca onte. É a baixada máis reducida no último mes, debido a un descenso das altas (243). Detectáronse 88 novos positivos, 81 a través de PCR.

Por áreas sanitarias, o número de casos activos son:

A Coruña: 1.247 (-23)

Vigo: 606 (-25)

Pontevedra: 457 (-35)

Santiago: 387 (-18)

Lugo: 304 (-23)

Ferrol: 288 (-33)

Ourense: 225 (-5)

Soben as hospitalizacións

O Sergas notificou o pasamento de sete persoas por mor do coronavirus no país. Van 2.275 vítimas da pandemia.

Fixéronse 6.543 probas PCR, das que deron positivo só 81, case a metade só na área sanitaria da Coruña, que segue aínda a moita distancia en número de casos do resto. A positividade, pois, sitúase no 1,24 %.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS