martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui busca a igualdade real para o 51,8% da súa poboación, as...

Tui busca a igualdade real para o 51,8% da súa poboación, as mulleres

O Concello de Tui ten por obxectivo acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para o que encargou a Laura Seara un Plan Municipal de Igualdade que contempla 162 actividades para conseguilo.

Ás portas do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Tui inaugurou a súa programación conmemorativa do 8-M coa presentación do seu III Plan Municipal de Igualdade, elaborado pola ex secretaria de Estado de Igualdade Laura Seara. Dito plan, que terá unha vixencia de 4 anos, contempla 50 medidas e 162 actividades “para lograr unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.

O documento elaborado por Seara recolle unha análise pormenorizada da situación no municipio tudense e resolve que as desigualdades entre homes e mulleres detéctanse “fundamentalmente no ámbito laboral”. Ademais, tamén indica que o 51,8% da poboación tudense son mulleres. Por isto, os obxectivos do plan son: introducir a perspectiva de xénero no funcionamento do Concello; implicar a todas as concellerías e departamentos municipais nesta loita e combater as fendas de xénero económicas, sociais, culturais e políticas de Tui. Para iso, o Concello de be por en marcha os mecanismos axeitados.

Así pois, o Plan Municipal de Igualdade prevé a adhesión do Concello de Tui ao sistema Viogen, a creación dunha Unidade de Apoio Local contra a Violencia de Xénero, e un protocolo de prevención do acoso sexual e de acoso por razón de sexo.

Ademais, tamén se creará un “Espazo en Igualdade” na web municipal. No mesmo recollerase toda a información de normativa, recursos, enlaces de interese, novas municipais, actividades, ou un espazo para a reflexión con texto de escritoras e activistas relacionadas co feminismo.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS