lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra de Miño, libre de COVID-19

Salvaterra de Miño, libre de COVID-19

Salvaterra de Miño, libre de COVID-19 xunto co concello de Crecente, Arbo e Mondariz Balneario ao non rexistrar ningún positivo entre a súa veciñanza en dúas semanas.

Así,  Salvaterra de Miño, Crecente, Arbo e Mondariz Balneario son os concellos das bisbarras cunha mellor situación epidemiolóxica e o de Soutomaior é o que ten unha maior incidencia da COVID-19 das bisbarras. 

A Cañiza aumenta, de forma leve, a súa incidencia a 7 días con non máis de 9 positivos en COVID-19 entre a súa veciñanza. Con todo, non supera os 25 casos por cada 100.000 habitantes. Tampouco a superan Salceda de Caselas nin Nigrán.

Rebaixan a súa incidencia a unha semana Pazos de Borbén, que non acada os 75 casos por cada 100.000 habitantes, segundo o SERGAS. Na xornada anterior, achegábase aos 125. De igual xeito, o concello de Redondela, con sete positivos menos en sete días entre a veciñanza, sitúase coa mesma incidenia que Pazos.

Mos e Mondariz son os outros municipios das bisbarras que descende a prensión do virus: non superan agora os 125 casos por cada 100.000 habitantes.

A meirande parte dos concellos estabilízanse na incdiencia inferior aos 75 casos por cada 100.000 habitantes: A Guarda, Baiona, Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Tui, As Neves e O Covelo.

Nunha mellor situación epidemiolóxica, atópanse os concellos do Rosal, Tomiño e Gondomar pois non superan a incidencia dos 10 casos por cada 100.000 habitantes.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS