A cifra de persoas ingresadas en unidades de críticos nos hospitais galegos baixou a 89, cando a inicios de semana superaba o cento. Tamén mingua o número de hospitalizados ata as 400 galegas e galegos con COVID-19.
A presión nos hospitais de Galicia polo coronavirus continúa relaxándose. Hai 400 persoas ingresadas no país por mor do coronavirus (-48): 311 en planta (-44) e 89 nas UCI (-4). Son niveis semellantes aos aos de inicios de xaneiro en planta, e a mediados dese mes en UCI.
A tendencia á baixa continúa tamén no múmero de casos activos. Son máis de 17.000 positivos menos en Galicia nun mes.
Actualmente Galicia ten, segundo Sanidade, 4.168 casos activos (-285), tras 210 novos positivos detectados, dos cales 176 mediante PCR.
Por áreas sanitarias, a coruñesa mellora pero segue desmarcada á cabeza:
A Coruña: 1.388 (-104)
Vigo: 722 (-36)
Pontevedra: 599 (-33)
Santiago: 460 (-9)
Lugo: 373 (-28)
Ferrol: 376 (-48)
Ourense: 250 (-27)
O Sergas notificou na última xornada a morte de 3 persoas máis por coronavirus. Van 2.262 persoas falecidas por esta enfermidade en Galicia desde o comezo da pandemia.
A parte mala dos datos de hoxe está no aumento dos contaxios detectados nun día con respecto aos dos últimos seis días. Das 8.114 probas PCR realizadas (+705), deron positivo 176, o cal revela unha taxa de positividade do 2,17 %. O total de novos casos detectados chegou aos 210, a maior cifra dos últimos seis días.