martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoOs muíños do río Caselas en Caldelas serán restaurados

Os muíños do río Caselas en Caldelas serán restaurados

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil mellorará o entrono do río Caselas ao seu paso por Caldelas de Tui, recuperando varios muíños.

El proxecto, que está en fase de redacción, contempla unha senda peonil unto ao Caselas que enlazará con outras xa existentes. “Recuperarase unha levada tradicional e se procederase á restauración de varios muíño, ademais da limpeza e conservación do leito”, explica o presidente do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, destacando que “queremos por en valor unha zona cunha importante riqueza etnográfica para o desfrute de veciños e visitantes”.

Estas actuacións incluiranse nun protocolo de colaboración que posibilitará os traballos e a financiación dos mesmos e que será rubricado polo Concello de Tui e a Confederación Hidrográfica.

“Ademais, se mellorará o funcionamento natural do río, amortecer o efecto dos procesos hidrólogos e aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade. En canto ás técnicas, prestarase máximo respecto ao entorno, sendo fundamental a súa integración co funcionamento ecolóxico do río e co paisaxe fluvial e patrimonial da zona de actuación”, explican desde a Confederación Hidrográfica.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS