lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísNova convocatoria da Xunta para inventivar a compra de vivendas nos...

Nova convocatoria da Xunta para inventivar a compra de vivendas nos centros históricos

Feijóo destaca que se elimina a condición de ser menor de 35 anos para acceder ás axudas e sinala que se incrementa o límite máximo de ingresos esixido.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia. Tras a reunión do Consello da Xunta, Feijóo subliñou que nesta convocatoria elimínase a condición de ser menor de 35 anos para acceder a estas axudas, de forma que poderá solicitalas calquera persoa. Outra das novidades é o incremento do límite máximo de ingresos esixido, co fin de adecualo aos actuais prezos de mercado inmobiliario neses ámbitos. Así, se nas convocatorias anteriores, o límite era de tres veces o IPREM, agora será de 5,5 veces o IPREM.

Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán ter nacionalidade española ou residencia legal en España; ter uns ingresos anuais máximos de 41.357 euros –isto é 5,5 veces o IPREM—; ter adquirido a vivenda a partir do 1 de xaneiro de 2021 e estar empadroado na vivenda adquirida e non posuír outro inmoble. Para acceder a estas achegas a vivenda deberá estar situada nun dos 47 centros históricos de Galicia.

Préstamos para a rehabilitación de edificios e vivendas

 

Por outra banda, o titular da Executivo autonómico destacou tamén a aprobación, no Consello da Xunta, do gasto correspondente ás axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de inmobles de carácter residencial. Cómpre salientar que estes créditos se ofrecen grazas á colaboración do Instituto Galego da Vivenda e do Solo con diversas entidades bancarias para executar obras de rehabilitación como: adecuación estrutural e construtiva, mellora das condicións de habitabilidade e da eficiencia enerxética, adecuación á normativa sobre accesibilidade e cuestións de acabado xeral. O presidente da Xunta destacou que a estes préstamos poden acceder tanto as persoas físicas como as comunidades de propietarios. 

Pois ben, no caso de que a solicitude a realice unha persoa física a Xunta poderá subsidiar os xuros nun 80% ou nun 100% durante un máximo de 4 anos sempre que cumpran unha serie de requisitos, entre eles, que os seus ingresos non superen 5,5 veces o IPREM. 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS