O número de galegos e galegas hospitalizados pola COVID-19 baixou en 24 persoas na última xornada. Arestora hai 448 ingresados; deles 93 están en UCI, catro menos que 24 horas antes.
A presión hospitalaria polo coronavirus está en Galicia a día de hoxe en 448 hospitalizados; deles 355 en planta (-20) e 93 nas UCI (-4).
Os casos activos continúan coa súa tendencia á baixa como nas últimas xornadas, aínda que tamén continúan detectándose case douscentos de novos casos. Segundo o Sergas hai 4.453 persoas con covid-19 no país, 233 menos ca onte. Detectáronse 191 novos positivos, dos cales 161 foron a través dunha proba PCR.
A área da Coruña dobra a de Vigo
Por áreas sanitarias os casos activos son:
A Coruña: 1.492 (-51)
Vigo: 758 (-13)
Pontevedra: 632 (-51)
Santiago: 469 (-50)
Lugo: 401 (-26)
Ferrol: 424 (-35)
Ourense: 277 (-7)
Por outra banda, o Sergas notificou onte a morte de 3 persoas máis con coronavirus, o que eleva a cifra de vítimas a 2.259 no que vai de pandemia en Galicia.