Preto de 130 empresas dos polígonos de Rebullón, Avenida de Peinador e Veigadaña, no Concello de Mos, poderán beneficiarse do despregamento dunha nova tecnoloxía de fibra óptica implantada nos últimos meses por R
Este avance permite unha navegación máis rápida, de ata un Xigabit por segundo, á vez que garante unha maior estabilidade, homoxeneidade e seguridade de rede.
Con esta iniciativa, R dálles resposta ás crecentes necesidades do tecido empresarial da zona en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), coa que mantén un contacto permanente para a mellora das infraestruturas tecnolóxicas dos seus asociados.
Para explicar en detalle os traballos realizados e os beneficios que achega a nova tecnoloxía FTTH, R e AEMOS organizaron esta mañá unha xornada formativa cos socios da entidade.