A Garda Civil acode ás obras e solita planos e información aos operarios, que non dispoñían.
O Concello, que non tiña coñecemento previo da visita da Garda Civil, explica que, en calquera caso, «terían que decir por escrito cal é o problema e pedir a documentación e información que precisen», segundo argumenta a alcaldesa en funcións, Cristina Fernández.
Así, unha unidade da Garda Civil, da fiscalía de portos e aeroportos de Vigo, trasladouse ata ás obras da caldeira de biomasa de Ponteareas co fin de comprobar se contaban cos permisos de AESA, a axencia estatal encargada da seguridade da aviación civil no ámbito territorial de España e que se fundou no ano 2008, segundo fontes de Ponteareas Saudable
A rexedora explica que «non sei se presentaron aquí ou non». Con todo, Fernández Davila insiste en que «se é algo oficial terán que dicir en primeiro lugar de que tema se trata e pedir informaicón sobre o asunto, igual que o fixeron en outras circunstancias».