lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo Miño4.000 veciños e veciñas da Guarda, convocados a un cribado

4.000 veciños e veciñas da Guarda, convocados a un cribado

O SERGAS convoca a 4.000 veciños e veciñas da Guarda a un cribado no Meixoeiro para realizar a proba PCR. Así explica o alcalde, Antonio Loma, nos informativos de Si Radio

O rexedor, segundo explica nos informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia, púxose en contacto coa Xerencia da Área Sanitaria logo de ter constancia de que veciños e veciñas recibiran unha mensaxe de texto, que os convocaba a unha proba PCR no Meixoeiro. Este cribado realízase agora para recoller información, segundo traslada Lomba.

As citas comezarán a facelas hoxe xoces 4 de marzo e a toma de mostras faranse en Vigo, maioritariamente no Hospital Meixoeiro, pero tamén se realizarán no Hospital Álvaro Cunqueiro. Por este motivo, e co fin de que teña unha mellor acollida, o alcalde desexa que se fagan as probas no propio municipio.

A situación epidemiolóxica do concello non é mala. De feito, atópase no nivel 3 de restricións polo que a súa hostalería está aberta no interior e no exterior e a mobilidade está permitida entre outras localidades do mesmo nivel de desescalada. A Guarda non supera a incidencia dos 75 casos por cada 100.000 habitantes a unha semana ao non rexistrar máis de 9 positivos entre a súa veciñanza en 7 días.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS