martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 5.000 contaxiados e dos 500 hospitalizados

Galicia baixa dos 5.000 contaxiados e dos 500 hospitalizados

A incidencia da COVID-19 segue baixando en Galicia. Actualmente hai 4.953 persoas infectadas, unha cifra semellante á de mediados de outubro. Nos hospitais os enfermos de coronavirus son menos de 500, ao nivel de comezos de xaneiro. Na UCI seguen 105 persoas.

Os incumprimentos detectados na fin de semana das normas para evitar novos contaxios de coronavirus aínda non se reflexan nos datos COVID en Galicia. A boa evolución da diminución da incidencia continúa.

A curva dos casos mantén a súa tendencia á baixa. Hai 4.953 casos activos, 254 menos ca onte, segundo datos do Sergas. É a cifra máis baixa dende mediados de outubro.

 

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 1.612 (-99)

Vigo: 842 (-29)

Pontevedra: 722 (-31)

Santiago: 554 (-15)

Lugo: 456 (-44)

Ferrol: 487 (-25)

Ourense: 280 (-11)

 

Nos hospitais de Galicia hai 488 persoas diagnosticadas de COVID-19, 48 menos ca onte. Son 383 en planta (-48) e 105 nas Unidades de Coidados Intensivos, igual que 24 horas antes). Polo tanto, a presión hospitalaria está en niveis de comezos de xaneiro.

 

Onte o Sergas notificou o falecemento de catorce persoas por mor do coronavirus nos últimos días. Isto eleva a cifra de vítimas a 2.252 no que vai de pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS