Freouse o descenso de ingresados por COVID-19 en Galicia. Na última xornada o número de hospitalizados ascendeu a 536 infectados de coronavirus, son 4 máis que o día anterior. En planta hai 431 persoas (+7) e na UCI 103 (-3), a cifra menor desde o 18 de xaneiro.
A tendencia descendente de ingresados por COVID-19 detívose en Galicia e na última xornada os ingresados en hospitais de Galicia volveron aumentar.
Pola contra o bo ritmo no descenso de casos activos non se detivo. En Galicia temos arestora 5.207 casos activos, logo de que na última xornada se detectaran 104 novos positivos, a cifra máis baixa desde agosto.
Por áreas sanitarias a que presenta máis casos segue a ser a coruñsea e a que rexistra unha incidencia menor segue a ser a área ourensá:
A Coruña: 1.711 (-99)
Vigo: 871 (-56)
Pontevedra: 753 (-30)
Santiago: 569 (-19)
Lugo: 500 (-11)
Ferrol: 512 (-32)
Ourense: 291(-31)
As mortes non cesan, este mes de febreiro rexistra unha mortalidade moi alta no contexto da pandemia. Na última xornada a Xunta notificou 11 novos decesos por coronavirus, a cifra de vítimas no que vai de pandemia ascend a 2.238.