O Concello de Salceda de Caselas continúa coa limpeza das estradas rurais, especialmente as das zonas de monte, que na maioría dos casos quedaron moi obstaculizadas tras o paso dos diferentes temporais.
Por outra banda, tamén se está a avanzar na colocación das novas marquesiñas. Unha das últimas está na rotonda da Gándara, dando así resposta a unha vella demanda das asociacións de nais e pais de alumnos e da veciñanza da zona.