O Concello do Porriño da por rematada a construción deste novo espazo que substitúe a un dos tres preexistentes
Segundo explican dende Concellería de Infraestruturas,trátase do primeiro observatorio en altura establecido nesta contorna natural.
Realizouse en madeira de piñeiro tratada en autoclave para a súa integración na paisaxe das Gándaras de Budiño.
A actuación contou cun orzamento de 24.107 euros e foi financiada con fondos achegados pola Rede Natura, segundo informou o departamento que dirixe Pedro Pereira.