lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsA RaiaNova protesta polo peche das fronteiras na raia

Nova protesta polo peche das fronteiras na raia

Quinta protesta dos alcaldes e as alcaldesas nas fronteiras para esixir a apertura dos pasos da raia. Desta vez, reunióronse na ponte de Tomiño- Vila Nova de Cerveira.

 

Alcaldes e alcaldesas de ambos os lados da raia reuníronse hoxe na Ponte da Amizade, en Tomiño,co fin de reclamar a apertura dos pasos da fronteira «polos danos económicos que está causando ao territorio e aos traballadores e traballadoras transfronteirizos», segundo apuntou o vicedirector da AECT, Uxío Benítez, na protesta simbólica. Os rexedores non poideron xuntarse pois «así o decidiron as autoridades», di Benítez, así que os mandatarios portugueses atopábanse a un lado da ponte e os galegos, ao outro lado «o que demostra o sinsentido que supón todo isto». Despregaron unha pancarta na que se podía ler «SOS: Open the border».

Reclaman a apertura inmediata dos pasos, con máis efectivos, para garantir as medidas de seguridade; compensacións polos danos causados no eido económico así como «no eido da conciliación» segundo explicou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, apelando aos Fondos Europeos.Neste sentido, presentarán mocións nos concellos.

 

A factura do primeiro peche das fronteiras: 92 millóns de euros

 

Un estudo da Universidade de Vigo estima as perdas millonarias da primeira vaga da pandemia nos 26 municipios da raia miñota.

Os 16 Concellos galegos e os 10 municipios portugueses que integran a raia do Miño perderon máis de 92 millóns de euros entre o 17 de marzo e o 30 de xuño por mor do primeiro confinamento e do peche da fronteira entre España e Portugal durante a primeira vaga da pandemia. Esa é a principal conclusión do estudo encargado polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Río Miño ao doutor en Economía da Universidade de Vigo Xavier Cobas, quen adiantou que o prexuízo económico do actual peche será “moito maior”.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS