Os concellos das comarcas continúan mellorando a súa situación epidemiolóxica, en relación ao número de novos casos diagnosticados en COVID-19 a 14 días.
Crecente, Arbo, Salceda de Caselas e A Cañiza logran rebaixar a súa incdiencia , por debaixo dos 150 casos por cada 100.000 habitantes. Non ocorre así en Mos e Pazos de Borbén, que permanecen na zona de risco, xunto con Oia. É máis, ambos os dous aumentan o número de novos casos diagnosticados en COVID-19 entre a súa veciñanza, segundo Sanidade.
Están na zona de risco porque superan os 250 casos por cada 100.000 habitantes:
Mos 43 (+3)
Pazos de Borbén 10 (+1)
Oia 1-9 (=)
Os demais municipios sitúanse fora da zona de risco e dous de eles, O Covelo e Mondariz-Balneario, seguen libres de COVID-19.
Nunha incidencia que non supera os 250 casos por 100.000 habitantes:
Redondela 61 (-5)
O Porriño 35 (+1)
Tui 29 (=)
Tomiño 23 (-4)
A Guarda 16 (=)
Modariz 11 (=)
Fornelos de Montes 1-9
Nunha mellor situación epidemiolóxica, pois non superan os 150 casos por cada 100.000 habitantes:
Vigo 409 (-15)
Ponteareas 26 (-2)
Baiona 16 (=)
Gondomar 15 (-4)
Nigrán 14 (=)
O Rosal 1-9 (=)
A Cañiza 1-9 (=)
As Neves 1-9 (=)
Salceda de Caselas 1-9 (-6)
En Crecente, Arbo e Salvaterra de Miño non se rexistran máis de nove casos diagnosticados en dúas semanas entre a súa veciñanza cadanseu polo que a súa incidencia está por debaixo dos 50 casos por cada 100.000 habitantes.
Segundo vén de notificar o SERGAS, o 23 de febreiro faleceu un home de 88 anos no Chuvi, que procedía da Residencia Castro Lar da Residencia de Salceda de Caselas.