Esta semana, representantes municipais visitaron as instalacións do edificio da antiga cámara agraria xunto co técnico que se encargará da redacción do proxecto de rehabilitación.
O proxecto de rehabilitación posto en marcha polo Concello de Salceda de Caselas segue o seu curso. “O obxectivo é convertela nun espazo flexible onde poida seguir, como ata o de agora, a base da Agrupación de Protección Civil e ademais se poidan albergar outros servizos municipais como o de Atención Temperá”, sinalan dende o Concello.