A partir deste sábado, 27 de febreiro, volverán estar abertos os centros comerciais de toda Galicia as fins de semana, logo de catro semanas pechados. A orde do DOG especificará as restricións de aforamento.
Actualmente os centros comerciais galegos están abertos de luns a venres pero cun aforamento máximo do 30% e a prohibición de usar as zonas comúns ou aglomerarse en lugares de paso entre tendas.
Unha vez que reabran as fins de semana agárdase que a Xunta tamén impoña algunha medida de control para evitar aglomeracións tendo en conta que tamén se reabrirán o venres boa parte dos peches perimetrais e a veciñanza dos municipios próximos ás cidades poden planificar visitar os centros comerciais esta fin de semana, o que podería levar grandes concentracións de persoas en un lugar pechado.