lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasO Covelo e Mondariz Balneario, libres de COVID-19

O Covelo e Mondariz Balneario, libres de COVID-19

Os concellos do Covelo e Mondariz Balneario, sen novos casos diagnosticados en COVID-19 en dúas semanas, segundo os datos de Sanidade.

 

A incidencia acumulada a 14 días é inferior a 25 posto que non se ten detectado, en dúas semanas, ningún caso positivo en COVID entre a veciñanza do Covelo e de Mondariz Balneario. En ambos os casos, son uns datos que non se rexistraban dende o mes de decembro do ano pasado.

Polo demáis, son cinco concellos das bisbarras os que continúan na zona de risco, cunha incidencia superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes:

Oia 11 (-1)

Redondela 83 (-5)

Mos 39 (-2)

Soutomaior 33 (-3)

Pazos de Borbén 10 (-1)

Deste xeito, O Porriño e Mondariz melloran a situación epidemiolóxica ao non superar agora os 250 casos por cada 100.000 habitantes, ao igual que outros municipios das bisbarras:

Vigo 470 (-14)

O Porriño 44 (-10)

Ponteareas 37 (=)

Tui 35 (=)

O Tomiño 32 (+1)

Salceda de Caselas 18 (-2)

A Guarda 16 (+1)

Mondariz 11 (-5)

O Rosal 10 (+1)

Fornelos de Montes 1-9

Crecente 1-9

Nunha mellor situación epidemiolóxica, atópanse os concellos de Gondomar, Baiona, Nigrán, ,A Cañiza, Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño pois non superan os 150 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas, segundo o SERGAS.

 

Dous niveis de desescalada nas comarcas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou como será a desescalada en Galicia, unhas medidas de apertura gradual que entrarán en vigor o venres 26 de febreiro. A comunidade divídese en tres niveis e dous de eles afectan aos concellos das comarcas: O nivel tres, o máis baixo; e o nivel dous, o nivel medio.

Queda por confirmar, mediante o Diario Oficial de Galicia (DOG), que incidencia toma Sanidade como referencia. Con todo, se o SERGAS toma como referencia os datos do día do anunciou das medidas da desescalada son 18 concellos nos que rexerá o nivel dous e seis no nivel medio.

No nivel máis baixo, no que a hostalería abre ao 50 % do aforo nas terrazas e ao 30 % no interior ata as 18:00 horas e no que a mobilidade está permita entre concellos cunha incidencia semellante inferior aos 250 casos están os seguientes municipios:

A Guarda

 O Rosal

Tomiño

Tui

Gondomar

Baiona

Nigrán

O Covelo

Ponteareas

Vigo

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

As Neves

Arbo

Crecente

A Cañiza

Fornelos de Montes

Mondariz Balneario

No nivel medio, no que a hostalería abre nas terrazas ao 50 % do afoto ata as 18:00 horas:

Oia

O Porriño

Mos

Mondariz

Redondela

Pazos de Borbén

En princpio a mobilidade está condicionada segundo o grao de apertura da hostalería e restauración. Cómpre agardar polo DOG no que se aclarará, máis polo miúdo, as medidas de desescalada en Galicia. En calquer caso, as reunións de persoas non coviventes están permitidas nos dous niveis ata un máximo de catro persoas.

Ademais, as reunións do comité clínico, que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, realizaranse, agora, os martes no canto dos luns co fin de obter datos «máis finos», segundo dixo o presidente galego. Así, os mércores de cada semana informarase dos municipios que mudan a súa situación.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS